Delgado
Gurriarán
UNHA INSTITUCIÓN PARA POÑER EN VALOR O LEGADO DO POETA FDG E DINAMIZAR A LINGUA E A CULTURA DA COMARCA DE VALDEORRAS
Un poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Así define a Florencio Delgado Gurriarán o seu biógrafo o historiador Ricardo Gurriarán, quen en 1999 publica a primeira investigación sobre o autor de Córgomo. Nesa aldea de Vilamartín de Valdeorras nacera en 1903, nunha bocarribeira co val do Sil ao fondo.
Florencio vivíu alí só ata os seis anos e non volvería a vivir en Valdeorras ata rematar os estudos universitarios, en 1928. Despois, forzado polo seu activismo político e social, viuse obrigado a fuxir ao inicio da Guerra Civil para despois exiliarse á que sería a súa segunda casa, o estado de Nova Galicia, en México. Só regresaría a Galicia de visita en tres ocasións. Tras o seu falecemento, os seus restos repousan no cemiterio de Córgomo onde quixo ser soterrado.
A pesares de pasar só 14 anos da súa vida na comarca, as lembranzas da infancia, as estancias vacacionais e o período xuvenil, deixarían nel un gran impacto, como demostrará a súa creación poética.
Miña noiva, miña terra:
Á beira do Sil deitada,
para ollar a túa beleza
do mesmo xeito que a Venus do espello, nel se contempla.
Florencio escribe dende moi novo, comezando a publicar poesías en revistas e xornais e sempre en galego. En México continúa a súa acción cultural e política, sendo un membro moi activo do exilio mexicano galego. No ano 2022, a Real Academia Galega recoñéceo dedicándolle o Día das Letras Galegas colocando a Florencio e Valdeorras no lugar que lle corresponde no relato cultural do País.
Esta institución é froito da iniciativa das administracións, asociacións e persoas implicadas dende hai décadas na recuperación da memoria de Florencio Delgado Gurriarán, e que no 2022 viron cumprido o obxectivo de que a Real Academia Galega lle dedicase o Día das Letras Galegas. Ese proxecto, coñecido como As Letras de Florencio, será agora continuado pola Fundación.
Os seus obxectivos son continuar poñendo en valor a figura e obra de Florencio, aproveitando a súa proxección para dinamizar a cultura e lingua en Valdeorras. Idioma, historia, territorio, natureza, gastronomía, creación artística... Nos versos de Florencio tiñan cabida moitos elementos que identifican a Valdeorras e sobre eles traballará a Fundación, coa poesía como principal eixo vertebrador.
Damos continuidade, coa edición do 2025, ao Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán que se ven celebrando dende 2018 e que xa é un referente en Galicia.
Proxecto en desenvolvemento para elaborar un glosario do galego de Valdeorras coa axuda de expertos e a participación de centros educativos e veciñanza.
Conferencias e visitas de campo sobre Florencio e a cultura valdeorresa e galega. Os eventos vanse anunciando na sección de novidades e nas redes sociais.
No 2022 organizamos un contro de estudantes de secundaria con poetas contemporáneos. Neste 2025 faremos un encontro arredor de artistas da comarca.
As Xornadas Culturais de 2026 da Fundación Florencio Delgado Gurriarán están dedicadas ao «Presente e futuro do monte en Valdeorras».
A Fundación Florencio Delgado Gurriarán, co apoio e patrocinio da Deputación de Ourense, convoca o VII Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Esta iniciativa, xa consolidada no panorama de creación literaria en galego, ten por finalidade fomentar a escrita de textos poéticos en lingua galega así como a difusión dos seus autores e autoras.
O Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán cumple a súa sétima edición consolidado como un dos certames literarios máis importantes de Galicia. Convócao a Fundación Florencio Delgado Gurriarán co apoio e patrocinio da Deputación de Ourense. Este premio nace no 2018 para promover a creación literaria e reivindicar a obra do poeta de valdeorrés.
Pódense presentar poemas inéditos, en galego e cunha extensión máxima de 50 versos, puidendo presentarse un único poema por persoa. O certame ten tres premios: 3.000€ para o gañador, 500€ para o segundo clasificado e de 300€ para o terceiro. Poderase presentar calquera persoa maior de idade e que non fose gañadora en anteriores edicións. Os membros do xurado serán anunciados un mes despois da publicación destas bases.
Hai dúas maneiras de inscribirse, enchendo o anexo das bases e enviándoo xunto co poema e unha pequena biografía profesional, a florenciodelgadogurriaran@gmail.com ou directamente no formulario de inscrición online.
O prazo para recibir obras remata o 23 de xuño de 2026 ás 23:59 horas.
Puxemos en marcha este proxecto colaborativo para recoller o galego de Valdeorras, tanto os termos como os ditos propios da comarca. Fai a túa aportación para crear o dicionario co que soñaba Florencio Delgado Gurriarán.
Reunirán a expertos en extinción, recuperación do chan, actividades produtivas, cultura e educación os días 18/04, 09/05 e 13/06
O cartel desta edición é obra da artista valdeorersa Clara Quiroga
O profesor e investigador, foi clave no camiño que levou á celebración das Letras Galegas en Córgomo en 2022
Conferencias e visitas de campo sobre Florencio e a cultura valdeorresa e galega. Vanse anunciando en novidades e en redes sociais.
No 2022 organizamos un encontro de estudantes de secundaria con poetas contemporáneos. Neste 2025 faremos un encontro arredor de artistas da comarca.
A Fundación FDG é a primeira institución cultural comarcal creada en Valdeorras. Ademais dos membros do padroado, conta co apoio de diferentes institucións e empresas coas que está a asinar convenios de colaboración.
Rúa San Roque 8, O Barco de Valdeorras
fundacion@florenciodelgadogurriaran.gal
Google maps
| Cookie name | Active |
|---|