A vivenda onde naceu Florencio Delgado Gurriarán, en Córgomo, foi o lugar escollido para presentar o V Premio de Poesía que leva o seu nome. Alí estiveron o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, e o activista cultural e membro do patronato da Fundación, Anxo Baranga. 

«Non pasaron nin 15 días da declaración da Fundación Florencio Delgado Gurriarán como Fundación de Interese Cultural Galego e xa estamos presentando a primeira actividade», apuntou Margarida Pizcueta. Os membros do patronato destacaron ademais, que se trata dun dos premios de poesía mellor dotados de Galicia, xa que inclúe un premio de 3.000€ para un único poema. As bases poden consultarse na web da Fundación.

Córgomo volve estar no foco cultural da comarca con este presentación e temos que agradecer á Deputación de Ourense polo seu apoio

– Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín

Un cartaz con arte valdeorrés

Como nas anteriores edicións, o cartaz do Premio de Poesía FDG foi encargado a unha artista da comarca. Nesta ocasión, foi Eva Piay, unha ilustradora de Rubiá quen presentou o seu traballo ano taller creativo de Anxo Baranga.

Tags: