A Fundación Florencio Delgado Gurriarán vén de asinar un convenio de colaboración cos representantes dos concellos da Rúa, O Bolo e Petín. Este acordo, que se renovará anualmente, foi asinado pola alcaldesa da Rúa, María González Albert, a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, e o alcalde do Bolo, Alberto Vázquez. Como representante da Fundación asinou Elva Delgado, secretaria da Fundación.

Trátase de acordos específicos para cada concello e que xa foron aprobados en pleno. No acto de sinatura, celebrado na Rúa, a directora da Fundación, Débora Álvarez Moldes destacou a importancia destes acordos que implican unha aportación económica proporcional ao número de habitantes e garanten que as actividades da Fundación porán o foco en todo o territorio. 

O resto de municipios que xa adiantarono seu apoio á institución son O Barco, Vilamartín e Larouco, se ben aínda se atopan en proceso de aprobar o acordo en pleno. Os fondos aportados polos concellos representan unha parte da estrutura financiera do ente, que se apoia tamén na colaboración da Deputación de Ourense para a posta en marcha da actividade e a celebración do Premio de Poesía.