A celebración das Letras Galegas por parte da Fundación Florencio Delgado Gurriarán adiantouse neste 2026 ao 16 de maio e volveu encher a aldea de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, de artesanía, música, baile e encontro. A festa comezou con xogos populares ás 11 da mañá e continuou con actividades durante todo o día, incluida unha feira de artesáns e produtores valdeorreses que encheron as rúas de sabores, texturas e cores.

Dende a Fundación, tranmiten o seu agradecemento a todas as persoas que os acompañaron ese día e as que axudaron a que se repetira unha celebración que se consolida no calendario comarcal de encontros. A todos os artesáns e artesás que colocaron os seus postos, aos responsables dos obradoiros, aos postos de comida e sobre todo, á veciñanza de Córgomo e ao Concello de Vilamartín pola súa implicación.