O galego de Valdeorras forma parte do bloque oriental da fala, conformando unha subzona lingüística xunto con Viana do Bolo. As peculiaridades léxicas da comarca teñen moito que ver coa súa identidade paisaxística e sociocultural, con formas que identifican, por exemplo, a súa peculiar flora mediterránea, oficios e tradicións. Como zona de paso de comerciantes, de tradición mineira e viticultora, en Valdeorras cultivouse un léxico moi rico (nino, pincheira, cochar…) e así o atopamos na obra de Florencio, quen empregou a lírica para poñer en valor a súa fala natal. 

Esta especificidade do léxico é unha das dificultades que atopan investigadores e divulgadores á hora de analizar o legado florenciano. Por iso, nas reedicións dos seus poemarios no 2022, foron múltiples os erros na adaptación do seu galego á actualidade, non por evolución normativa (que tamén) se non por descoñecer o auténtico significado das palabras. Así se destacou nunha mesa redonda celebrada no Barco de Valdeorras en novembro dese ano e ante o que a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, respondía tallante: «É necesario un dicionario de valdeorrés».

A ese interese filolóxico súmase ademais unha necesidade histórica, xa que moito dese léxico atópase en desuso polas mudanzas económicas e sociais, ademais de polo escaso uso do galego entre a mocidade. Xa non habitamos o mundo igual que antes e hai que actuar para conservar palabras (niallo, caborco, galla…) e devolverlles a significación que unha vez tiveron.

Proxecto participativo

Este dicionario aspira a ser un proxecto cultural construído dende a base, polo que os procesos participativos e de mediación cultural estarán no centro da súa acción. En todo caso, antes de chegar ao proceso participativo, construirase unha metodoloxía con base científica de recollida, validación e publicación de resultados. 

Unha vez establecida esa metodoloxía,combinaranse procesos socializadores de recollida de léxico (obradoiros en centros educativos, grupos de veciñanza, traballo de campo…) con outras dinámicas dixitais canalizadas a través dun apartado web creado especificamente para o dicionario e que se atopa en denvolvemento. Esta web é clave, xa que o obxectivo deste dicionario é expandir a identidade lingüística de Valdeorras e no proceso, construír unha autoestima renovada pola lingua propia activando novas relacións na comunidade e incentivando o interese dunha crecente poboación migrante.

AXENTES
  • Investigadores e institucións
  • Comunidade educativa local
  • Cronistas e divulgadores locais
  • Asociacións e colectivos informais
  • Comunicadores
  • A comunidade extensa de valdeorreses polo mundo
VALORES
  • Proceso participativo, integrador e aberto
  • Posta en valor do patrimonio lingüístico
  • Uso e promoción da lingua galega
  • Igualdade de xénero
  • Diversidade social e funcional
  • Lazos de comunidade
  • Educativo e interxeracional
  • Respecto medioambiental

Glosario

Ademáis da participación da veciñanza, este proxecto sosterase no traballo de expertos que levan tempo analizando a fala valdeorresa e de Viana como Concepción Álvarez Pousa, Francisco Cobo Rodríguez e o propio Florencio Delgado Gurriarán. Isto que sigue é un pequeno avance dalgúns dos termos xa destacados.

Gasterópodo con moitas variantes en galego. A normativa é limacha, cos sinónimos recoñecidos limaco e carallote.  Noutras variantes dialectais chámaselle lámachega, lemigacha, miligacha. Florencio usa esta palabra en ‘O soño do guiero’: «cal deixa nas herbas/ siñal a aligacha»

Morango silvestre. Tamén se empregan as formas amorodo e merodo. En Valdeorras chámase tamén así ao érbedo, o froito do arbusto co mesmo nome.

Camiño fondo entre montañas por onde pasa un regueiro. É unha palabra común en galego pero que incluimos por ser moi utilizada na comarca. Sinónimos: barranco, engroba, cavoza

É unha ave, a lavandeira. Non é unha palabra empregada fóra de Valdeorras.

Esta palabra non se atopa no dicionario da RAG polo que sería exclusiva da comarca. Significa niño, a construción feita polas aves para pór ovos. 

Salto auga, fervenza, cachón. 

Vendimador, persoa que vendima. Voz exclusiva da comarca. Co sufixo -ego que indica algo produtivo como xestarega (lugar de xestas), outarega (ave rapaz nocturna), e presente tamén na toponimia da comarca: Oulego, Cernego

Participa

Comparte unha palabra en valdeorrés
Mentras traballamos en habilitar a ferramenta de participación xa podes ir mandándonos as túas aportacións. Grazas!
Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.
Proxecto realizado co apoio da Dirección Xeral de Política Linguística, Xunta de Galicia
Proxecto realizado co apoio da Dirección Xeral de Política Linguística, Xunta de Galicia